A nanotecnoloxía é o estudo, deseño, creación, manipulación e aplicación de materiais a través do control da materia a nanoescala.
A nanoescala , utiliza o prefixo nano-, que indica unha medida de dez elevado a menos nove. A esta escala a materia presenta propiedades incríbles que se estudan aplicando a física cuántica, o que fai que a nanociencia (ciencia que estuda os materiais de moi pequenas dimensións) sexa multidisciplinar.